Velaí a primavera
ninguén sabe como foi
pero amósasenos leda
en todo o noso arredor.
Tenros xermolos nas árbores
margaridiñas na chaira,
lirios preto dos regatos,
aire tépedo e luz clara.
Os paxaros piadores
fan leitos para a niñada
con aloumiños e bicos
alá pola alborada.
As tardes camiñan quedas,
o sol non quere ter presa
e ate a lúa pola noite
semella lámpada acesa.
Na poza cantan as ras
unha cantiga de amores
e chega pola congostra
un arrecendo de flores.
As cereixeiras anosas
parecen aneveradas,
tódalas demais frioteiras
séguenas en flor calladas.
para ir voando de árbore en árbore,
bebendo nas fontes das mil pitacegas
palpando de preto o espertar da vida.
Pilar (foto Titania)
Día das Letras Galegas
Haces ver la primavera en todo su esplendor. Estupendo.
ResponderEliminar