
Soa á pandeirada o mar
por iso unha parella de gaivotas baila na escolleira ó son
cos seus traxes recén lavados.
Mesmo marcan cos pés os repeniques do pandeiro. Quén lles aprendeu?.
O mar está apaixado contento do seu maridaxe azúl co ceo.
A nimia néboa respecta a ollada a un horizonte suavemente ondulado,
como corresponde a unha pel desgastada pola pegado dos séculos.
Un día inesquecible nestas beiras.
O corazón bate ledo e agradecido por tantos agasallos.
Pilar. (foto MAR)
A beleza, ás veces,
ResponderEliminaré ler no corazón dun amigo
sen necesidade de falar.