jueves, 5 de enero de 2012

A NATUREZA E TI

Quixera adicarche os versos máis fermosos
pero ó meu corazón non o segue o intelecto.
Na ola do meu peito ferven os sentimentos
dispostos a sair pero a calquera xeito.
Tento unha e outra vez de acadar a beleza
pero ela fuxidía agóchase de presa.
Ben sabes que te quero dígocho cada día
pero oxe vou buscando dicircho en poesía
mágoa que as musas todas anden de romaría.
Pero, ¿fai falta que che diga que es solpor e alborada,
a lagoa de Doñiños e a súa mar brava,
o val callado en flores na primavera maia,
o canto dos paxaros e a noite estrelada?.        
                                                                        Pilar

No hay comentarios:

Publicar un comentario